Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A asesoría xurídica solicitará no Xulgado poder tomar parte no proceso como acusación pública exercendo a acción popular

- O obxectivo é defender os intereses xerais da veciñanza e, en concreto, da familia das vítimas

PlenoOutubro19

Valga, 3 de outubro de 2019.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a personación do Concello de Valga no proceso xudicial aberto tralos asasinatos das veciñas Sandra e Alba Boquete Jamardo e María Elena Jamardo Figueroa, acontecidos o pasado 16 de setembro.

O acordo adoptouse no Pleno ordinario celebrado onte pola tarde, a proposta do equipo de goberno. O obxectivo é poder defender os intereses xerais da veciñanza de Valga e, en particular, da familia das tres mulleres asasinadas.

Os servizos xurídicos do Concello solicitarán agora ante o Xulgado de Primeira Instancia de Caldas de Reis, encargado da instrución do caso, poder tomar parte no proceso en calidade de acusación pública exercendo a acción popular.

Festivos locais para o ano 2020

Na mesma sesión foron aprobados, tamén por unanimidade, os festivos locais para o vindeiro ano 2020. Serán o luns 3 de febreiro, festividade de San Brais, e o venres 28 de agosto, coincidindo coa celebración dos Milagres.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver