Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde fixo entrega ao actual presidente dunha placa conmemorativa deste medio século de historia

- Durante o evento presentáronse os equipos das sete categorías de fútbol base coas que conta o club

50Cordeiro0

Valga, 27 de setembro de 2019.

O Cordeiro C.F. celebrou o pasado sábado o cincuenta aniversario da súa fundaciónn cun evento no campo municipal de Baño no que participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ademais de directivos, exdirectivos, xogadores, socios e simpatizantes do club.

Entre os asistentes atopábase Constantino Campaña Tojo, que foi o primeiro presidente do Cordeiro C.F. El e o resto de directivos fundadores selaron o 23 de xaneiro de 1969 o comezo dunha andaina que perdurou no tempo ata cumprir o medio século de historia. Durante o acto houbo un recoñecemento especial para Constantino Campaña e para o resto de presidentes que o sucederon no cargo: José Andrés Castro Figueira, Manuel Carballeda, Jesús Bermúdez Navia e, actualmente, José Ramón Seco Buceta.

Os agradecementos estendéronse a todas aquelas persoas e entidades que, de xeito desinteresado, contribúen a que o Cordeiro C.F. siga sendo un referente deportivo na comarca: socios,  patrocinadores, pais e tamén ao Concello de Valga que aporta equipacións e cede as instalacións nas que o club desenvolve a súa actividade. O alcalde fixo entrega ao presidente do Cordeiro dunha placa conmemorativa deste 50 aniversario e destacou o enorme labor que realiza o club potenciando os valores do deporte, a educación, o compañeirismo e a convivencia.

Durante o acto gardouse un minuto de silencio en memoria de todos os socios falecidos e, ademais, presentáronse os equipos das diferentes categorías da base: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Para rematar a celebración, tivo lugar unha comida de confraternidade no recinto do colexio de Baño.

50Cordeiro1 50Cordeiro2

50Cordeiro3 50Cordeiro4

50Cordeiro5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver