Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto, cun orzamento de 120.000 euros, inclúe a instalación de canalizacións soterradas, a creación de beirarrúas e unha zona de aparcamento

- A Consellería de Industria aporta 92.831 euros para financiar as obras

AREA EMPRESARIAL CAMPAÑA

Valga, 25 de setembro de 2019.

A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) é a adxudicataria das obras de acondicionamento e mellora das infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña, un proxecto para o que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou unha axuda de 92.831’21 euros dun orzamento total de 120.000.

Con esta actuación quérese dar resposta ás necesidades das empresas asentadas nesta zona, adecuando as infraestruturas da zona á súa envergadura, de maneira que poidan contar cun acceso de calidade en beneficio tanto dos traballadores como das propias industrias.

A área empresarial de Campaña conta cunha superficie aproximada de 315.000 metros cadrados e ten o seu acceso principal dende a estrada autonómica PO-548. Ten asentadas a tres grandes empresas, dúas do sector do aluminio e outra do sector da automoción, que suman na actualidade uns 900 traballadores que a diario se desprazan ata a zona, xa sexa a pé ou en vehículos particulares.

Estas industrias están promovendo e executando ampliacións nas súas instalacións e isto leva parello un aumento do persoal que alí desenvolve a súa actividade profesional e tamén da producción, co conseguinte incremento na circulación de vehículos, tanto privados como de transporte, e no tránsito de peóns.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver