Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O programa ofrece actividades como obradoiros de memoria e manualidades para veciños maiores de 65 anos

- As reunións comezarán o luns 23 de setembro na Casa da Cultura de Campaña

 

Valga, 13 de setembro de 2019.

O programa Campus Sénior, que organiza a Concellería de Benestar Social e se dirixe a persoas maiores de 65 anos, ten aberto o prazo de inscrición nas actividades que se desenvolverán durante o curso 2019/2020.

As persoas interesadas en participar poden anotarse nas oficinas do Concello e no Auditorio Municipal, ou asistir ás reunión informativas que terán lugar nas cinco parroquias do municipio para divulgar este programa entre a cidadanía. A estas charlas, que darán comezo o luns 23 de setembro, asistirá a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, e valorarase a posibilidade de que as actividades, que ata o de agora se concentraban no Auditorio e na Casa da Cultura de Valga, poidan realizarse nas distintas parroquias se se forman grupos de veciños interesados.

As datas e horarios das reunións son os seguintes:

  • Campaña (Casa da Cultura): luns, 23 de setembro ás 18 horas
  • Cordeiro (Auditorio): martes, 24 de setembro ás 10:30 horas
  • Setecoros (Local social): mércores, 25 de setembro ás 18 horas
  • Xanza (Local social): xoves, 26 de setembro ás 10:30 horas
  • Valga (Casa da Cultura): xoves, 26 de setembro ás 18 horas

O Campus Sénior inclúe actividades como obradoiros de memoria e manualidades, lecturas ou voluntariado. O seu obxectivo é promover un envellecemento activo e contribuír a que as persoas maiores manteñan a súa mente activa dunha forma lúdica e creativa. Os participantes, ademais, relaciónanse con outras persoas o que lles axuda a acadar unha maior satisfacción persoal e mellorar a súa autoestima.

CampusSenior Charlas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver