Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar no pavillón de Baño, con capacidade para acoller a unhas 400 palilleiras

- A xornada incluirá exposición e venda de labores aberta a todo o público que queira asistir

encontropalilleiras18

Valga, 4 de setembro de 2019.

A Asociación Artesanal de Palilleiras “A Bella Otero” celebra o vindeiro 14 de setembro no pavillón municipal de Baño a sexta edición do seu Encontro de Bolillos e Labores Artesanais, un evento para o que contan coa colaboración do Concello de Valga. As organizadoras agardan poder reunir no recinto a unhas 400 palilleiras chegadas dende as catro provincias de Galicia e tamén dende outras comunidades como Asturias ou Castela León.

A xornada dará comezo ás 10 da mañá coa recepción e presentación dos participantes. Durante o encontro os distintos grupos realizarán traballos de encaixe e doutros labores como ganchillo, calceta ou punto de cruz. Ás 14 horas farán un parón para xantar e será ás 16:30 cando se retome o encontro ininterrompidamente ata as 19:30. Ademais dos distintos colectivos de palilleiras, no pavillón instalaranse unha vintena de postos de venda de materiais e pezas de encaixe.

A actividade está aberta a todo o público que queira asistir e que, ademais, poderá adquirir rifas para participar no sorteo de numerosos agasallos doados por establecementos e casas comerciais de Valga e da súa contorna.

A Asociación Artesanal de Palilleiras "A Bella Otero” conta actualmente con 26 integrantes que durante todo o ano asisten a clases tres días á semana nas antigas casas dos mestres de Baño e no Auditorio Municipal. Teñen como profesora a Lourdes Conde, que é tamén a presidenta do colectivo e conta con Carta de Artesá, o que lle permite impartir obradoiros de labores. Está diplomada, ademais, na Escola de Encaixe de Mariña Regueiro, na que obtivo xa dúas titulacións e está a piques de rematar unha terceira. “Continúo asistindo a clases e formándome para poder orecer ás miñas alumnas todas as novidades que está habendo no mundo do encaixe. Os labores de bolillos xa non se limitan, como antes, a panos ou toallas, senón que actualemente tamén se fan moitas xoias e complementos para utilizar no día a día, como bolsos ou monedeiros”, explica.

PalilleirasVIEncontro

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver