Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalouse unha cociña industrial, dotouse ao centro de novo material didáctico e de oficina e creouse un horto

- O alcalde anunciou a solicitude dunha nova axuda autonómica para “continuar mellorando a escola e favorecer a conciliación das familias de Valga”

DXfAMILIA1

Valga, 27 de agosto de 2019.

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, Amparo González, visitou este mediodía a escola infantil municipal para comprobar as melloras executadas nas súas instalacións cunha subvención de 18.000 euros concedida pola Xunta de Galicia. A directora veu acompañada polo delegado territorial José Manuel Cores Tourís e foi recibida polo alcalde, José María Bello Maneiro, as concelleiras de Educación e Benestar Social, Carmen Gómez e Begoña Piñeiro, ademais da directora da escola infantil, Aurora Díaz.

Coa axuda recibida por parte do goberno autonómico deuse resposta a algunhas das necesidades que presentaba o centro debido ao progresivo aumento do alumnado. Instalouse unha cociña industrial e dotouse ás instalacións de novo material didáctico (unha pantalla táctil), bumbos para os bebés, estanterías, un ordenador, unha impresora e outro material de oficina. Tamén se creou un horto escolar.

A escola infantil municipal, situada en Baño, acadou o ano pasado 89 nenos. Nos últimos dous exercicios a elevada demanda conlevou a apertura de dúas novas aulas, pasando de catro ás seis actuais e nestes momentos son xa 69 os rapaces matriculados para o vindeiro curso 2019/2020.

No transcurso da visita, o alcalde anunciou que o Concello volverá a concorrer a esta orde de subvencións para continuar mellorando a escola e o servizo que presta tanto ás familias de Valga como a veciños doutros concellos. “Seguiremos traballando polo benestar dos máis cativos. Eles son o futuro e, por iso, debemos entre todos ofrecerlles o máximo benestar posible, favorecendo ademais a conciliación laboral e familiar”, dixo o rexedor. Neste sentido, Bello Maneiro agradeceu a axuda económica que a Consellería de Política Social presta a concellos como Valga, para que poidan contar con instalacións de primeiro nivel. 

A directora xeral, pola súa parte, felicitou o traballo do Concello á hora de “por a disposición das familias un recurso de conciliación tan importante e de calidade como esta escola” e explicou que a orde de axudas para a mellora de centros municipais de Educación Infantil ten, precisamente, como obxectivo ofrecer ás familias e aos nenos os servizos e o material necesario para o seu benestar. Estas subvencións, que poden acadar os 35.000 euros, poden investirse tanto na realización de obras como na adquisición de material didáctico e de xogo, así como en novas tecnoloxías.

 DXfAMILIA3 DXfAMILIA2

DXfAMILIA4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver