- A iniciativa gratuíta organizada polo Concello para favorecer a conciliación familiar contou con máis de 100 participantes de entre 5 e 14 anos

- Nestas semanas, os rapaces fixeron rutas a pé, asistiron a obradoiros creativos e traballaron sobre a igualdade

clausuraev4

Valga, 23 de agosto de 2019.

Unha xornada de lecer, xogos e convivencia na praia fluvial de Valga serve hoxe de clausura da Escola de Verán organizada polo Concello e que, durante máis dun mes, contou coa participación de máis de 100 nenos de entre 5 e 14 anos de idade.

A festa de despedida comezou pola mañá. Mentras algúns rapaces elixiron refescarse cun baño na praia fluvial, outros preferiron divertirse no parque infantil ou practicar actividades deportivas no Parque Irmáns Dios Mosquera, onde comerán todos para continuar cos xogos ata ben entrada a tarde.

A Escola de Verán é unha iniciativa gratuíta que ten por obxectivo favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións estivais. Durante as últimas seis semanas, os participantes asistiron a obradoiros creativos sobre ilustración, monicreques e promoción da lectura, realizaron rutas a pé ata enclaves como o Miradoiro de Beiro ou a lagoa Mina Mercedes e asistiron a xornadas sobre pilotaxe de drons e o bo coidado dos animais.

Tamén coñeceron vellas tradicións agrícolas como a sega do trigo e traballaron sobre a igualdade de xénero mediante a realización de debuxos, contacontos e achegádonse a figuras como a de Malala, activista paquistaní que recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa loita a favor dos dereitos civís e, especialmente, dos dereitos das mulleres.

clausuraev1 clausuraev2

clausuraev3 clausuraev5

clausuraev6

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver