- “Vista panorámica do val do Ulla” levará aos participantes ata o monte Fontebecha, á igrexa de Setecoros e ao cruceiro máis antigo do municipio

- O percorrido, de dez quilómetros de lonxitude, é de dificultade media-alta

ullagoza

Valga, 21 de agosto de 2019.

O Concello de Valga ten aberto o prazo de inscrición na ruta de sendeirismo “Vista panorámica do val do Ulla”, que terá lugar o vindeiro 7 de setembro dentro do programa “Goza do Ulla”, co que se quere poñer en valor e promocionar o valioso patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río. O período para anotarse pecharase o xoves 5 de setembro ás 14 horas e o trámite pode realizarse nas oficinas do Concello, no Auditorio Municipal ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome, apelidos, DNI e teléfono.

A ruta circular “Vista panorámica do val do Ulla” ten uns dez quilómetros de lonxitude e dificultade media-alta. O punto de saída será o colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro con dirección ao miradoiro do monte Fontebecha, entre Cordeiro e Cerneira, dende o que se divisan unhas espectaculares panorámicas da desembocadura do río Ulla e da Ría de Arousa.

A continuación, os camiñantes baixarán ao lugar de Eirexe para visitar a igrexa parroquial de San Salvador, que data do século XVI e posúe unha fachada neoclásica. Os seus principais atractivos residen no seu singular retablo de época barroca e nos capiteis prerrománicos de mármore que se conservan. A carón do templo atópase o Oliveiral da Concordia, unha plantación con arredor de 800 oliveiras de distintas variedades.

A última parada da ruta será en Cerneira, onde se atopa o cruceiro máis antigo de Valga, que data do ano 1670.

O percorrido completo terá unha duración de entre tres e catro horas.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver