Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Malibú e a súa dona, Adriana, estiveron primeiro na Casa da Cultura e despois trasladáronse ao Auditorio Municipal

- Advertiron aos rapaces sobre a problemática do abandono e explicáronlles que “un can é un amigo, e un amigo é para toda a vida”

Malibu1

Valga, 20 de agosto de 2019.

Os nenos da Escola de Verán recibiron esta mañá a visita dunha nova amiga, a cadeliña Malibú, que lles falou sobre os coidados que precisan os animais e, sobre todo, tratou de conciencialos sobre a problemática do abandono.

En España rexistráronse en 2018 máis de 137.000 abandonos de animais e o proxecto “Educando con Malibú”, da Casa Grande de Xanceda, quere contribuír a reducir esta taxa, unha das máis elevadas dos países do noso entorno. Malibú, de feito, foi unha cadeliña abandonada e a súa nova dona, Adriana, deulle unha segunda oportunidade. Agora é profesora e viaxa polos colexios e campamentos de Galicia para ensinarlles aos nenos a ser responsables cos animais.

Esta mañá fixo unha primeira parada na Casa da Cultura de Valga e, máis tarde, trasladouse ata o Auditorio Municipal para estar con todos os rapaces da Escola de Verán. Xogou con eles, deixou que a acariciaran e, a través de vídeos e da voz da súa dona Adriana, explicoulles que un can non é un peluche e, por iso, non debe regalarse. Hai que estar moi concienciado antes de ter un porque necesita unha serie de coidados diarios e hai que dedicarlle tempo. Por exemplo, hai que alimentalo, sacalo a pasear, vaculano e levalo ao veterinario, lavalo e asealo, darlle cariño, xogar con él e telo identificado mediante microchip para que poida volver coa súa familia se se perde.

Malibú fixo un alegato en favor da adopción, para que os animais que agora están nas canceiras poidan ter unha segunda oportunidade de ser felices e ter un fogar. Ademais, pediulles aos nenos de Valga que cada vez que vexan un can abandonado intenten axudalo avisando ás emerxencias para que vaian a recollelo, xa que así poden salvarlle a vida.

Malibu2 Malibu3

Malibu4 Malibu5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver