Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valga con vinte nenos participantes

- Nas últimas semanas celebráronse outros tres talleres creativos, de ilustración e sobre igualdade de xénero

verbas2

Valga, 19 de agosto de 2019.

As bibliotecas municipais pecharon esta mañá a súa programación de verán para dinamizar a lectura entre os máis mozos. A última actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valga e tratouse do obradoiro “A escena verbas!”, da compañía Menos dá unha pedra.

Empregando materiais como cartolinas, tesoiras ou pegamento, os vinte nenos participantes crearon o seu propio espectáculo de títeres. Debuxaron e recortaron os monicreques e encargáronse tamén da escenografía e de poñer a música para despois representar unha obra teatral.

Este foi o cuarto obradoiro que se realizou durante o mes de agosto dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellería de Cultura. Nas semanas anteriores celebráronse o taller creativo “Deixa o móvil e debuxa”, a actividade de ilustración “As superheroínas do noso pobo” e o contacontos sobre igualdade de xénero “A aventura de Daniela Pirata”.

verbas1 verbas3

verbas4 verbas5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver