- Os bares e restaurantes inscritos ofrecerán tapas gratuítas coas consumicións os días 24, 25 e 31 de agosto

- Entre o público participante sortearanse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local

TapaWEB

Valga, 15 de agosto de 2019.

A sexta edición da Ruta-Concurso “Tapa á Anguía” contará coa participación de dez establecementos de hostalería de Valga.

Os bares e restaurantes inscritos e as tapas que ofrecerán son: Café-Bar Couceiro con “Anguía á brasa con salsa verde”, Bar Juan coa tradicional “Empanada de anguía”, Café-Bar Potel con “Anguía ao estilo Potel”, Cafetería Auditorio con “Ópera anguía”, Pastelería Caprichos con “Anguía na tella”, Bar Maneiro e a súa “Anguía ao estilo Maneiro”, Bar Alba cun “Rolo de Anguía”, Café-Bar Pontellón coa “Anguía ao estilo Pontellón”, Bar Pardal con “Tapa Pardal” e Corona de Galicia e a súa “Anguía La Fabulosa”.

Os establecementos servirán as tapas aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións os días 24 e 25 de agosto, durante os que se desenvolverá o concurso, e tamén o 31 de agosto, a modo de degustación con motivo da xornada grande da XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Será o Concello o que lles facilite a anguía xa limpa para que os cociñeiros poidan preparar as receitas.

Entre as persoas que acudan a degustar as tapas e participen na elección da mellor, sortearanse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local.

A votación popular terá un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaerá sobre nun xurado designado pola Concellería de Cultura. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiro clasificados, os mandís de Prata e Bronce.

TAPAS LOCAIS 2019

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver