Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O taller Ulla-Umia III clausurouse esta mañá logo de nove meses de sesións teóricas e realización de obras públicas

- En Valga os aprendices executaron traballos no edificio administrativo, no pavillón de Beiro e no ximnasio, nas áreas de lecer e no Camiño Portugués

ClausuraObrad2

Valga, 9 de agosto de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, participaron esta mañá no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, que tivo lugar no Auditorio Municipal. Asisitiron, tamén, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, a directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal, o persoal administrativo e docente e o alumnado.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, promovido polos concellos de Valga e Moraña, tivo unha duración de nove meses durante os que vinte persoas desempregadas recibiron formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e forestais, percibindo o salario mínimo interprofesional. O obxectivo foi o de favorecer a inserción laboral dos participantes –un deles xa está traballando–, para o que se contou cun orzamento total de 348.807 euros, dos que case 290.000 foron aportados pola Xunta e a parte restante polos dous concellos.

Ademais da formación, os aprendices traballaron na realización de obras públicas. En Valga executaron traballos de rehabilitación no edificio de usos administrativos, acometeron melloras nos vestiarios do pavillón de Beiro e no ximnasio municipal, e realizaron tarefas de acondicionamento, mantemento e plantacións no miradoiro de Beiro, na área fluvial de Vilarello e no Camiño Portugués. “A partir de agora, cando pasedes por algunha destas obras sentirédesvos orgullosos”, díxolle o alcalde ao alumnado.

Bello Maneiro fixo un balance positivo do proxecto. “Os participantes aproveitaron moi ben esta oportunidade de formarse, que vai a axudarlles no seu futuro laboral, e ao mesmo tempo realizaron obras importantes”. O rexedor e a súa homóloga de Moraña anunciaron que os dous concellos xa teñen solicitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria un novo Obradoiro de Emprego para vinte desempregados e, de novo, coas especialidades de albanelería e forestais.

“Estou convencida de que haberá un novo obradoiro nestes concellos”, afirmou a secretaria territorial da Xunta, que destacou a importancia deste tipo de proxectos para a formación e cualificación dos participantes e tamén para a mellora do patrimonio nos concellos promotores. Ana Ortiz calculou que a Xunta ten invertido nos últimos tres anos máis de 750.000 euros nos obradoiros de emprego de Valga e Moraña, nos que se formaron un total de 60 persoas.

ClausuraObrad4 ClausuraObrad5

ClausuraObrad6 ClausuraObrad3

ClausuraObrad1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver