Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Seguiron as directrices que lles indicou a ilustradora Estefanía Padullés

- As actividades das bibliotecas continúan o vindeiro luns co taller “A aventura de Daniela Pirata”, no Auditorio Municipal

superheroínas1

Valga, 5 de agosto de 2019.

A Casa da Cultura de Valga recibiu esta mañá á ilustradora Estefanía Padullés, que impartiu o obradoiro “As superheronías do noso pobo”, centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga. A actividade, na que participaron os nenos e mozos da Escola de Verán, enmarcouse dentro da programación estival das bibliotecas municipais para o fomento da lectura entre a mocidade.

Os rapaces comezaron practicando as técnicas da ilustración con mulleres célebres como a pintora mexicana Frida Kahlo ou a científica alemá María Sibylla Merian. A continuación, tiveron que debuxar a mulleres valguesas, pero non soamente famosas, senón tamén a mulleres representativas e importantes para as núas vidas: nais, avoas ou mestras foron algunhas das eleccións.

As actividades organizadas polas bibliotecas municipais dentro do programa “Ler Conta Moito” continúan o vindeiro luns, 12 de agosto, con “A aventura de Daniela Pirata”, un contacontos interactivo no que a través dun conto sobre igualdade de xénero, se proporá aos participantes superar varias probas para converterse en auténticos piratas e obter o desexado tesouro. Será a partir das 11 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde.

superheroínas2 superheroínas3

superheroínas4 superheroínas5

superheroínas6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver