Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As orquestras de Borriol, Lira Saguntina e a Orquestra de Cámara de Valga estiveron dirixidas por Manuel Villar e Pere Molina

- Os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo recibiron aos músicos valencianos

festOrquestras1

Valga, 29 de xullo de 2019.

O Festival de Orquestras, organizado polo Concello de Valga e a Escola Municipal de Música, reuniu o sábado no Auditorio a tres agrupacións: dúas chegadas da Comunidade Valenciana –a Orquestra de Borriol e Lira Saguntina– e a anfitrioa, a Orquestra de Cámara de Valga. As tres compartiron escenario baixo a dirección de Pere Molina e Manuel Villar Touceda.

Ofreceron un concerto con temas de bandas sonoras de coñecidas películas, como Forrest Gump, Cinema Paradiso, El Señor de los Aniños, Piratas del Caribe, Paque Jurásico, Memorias de África, Gladiator e La Lista de Schindler.

Os músicos valencianos foron recidos pola concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna, e polo edil de Cultura, Pedro Calvo, que lles fixeron entrega dun agasallo en recordo da súa estancia en Valga.

festOrquestras2 festOrquestras3

festOrquestras4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver