Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- “Hai un bo nivel entre os participantes, contan cunha boa profesora na Escola Municipal de Música”, asegura a docente

- A actividade clausúrase mañá cun concerto a partir das 21 horas con entrada de balde

masterclassviolin1

Valga, 23 de xullo de 2019.

Trece alumnos participan dende hoxe no Auditorio na I Masterclass de viola e violín, que organizan o Concello de Valga e a Escola Municipal de Música e que imparte a solista internacional Natalia Arestova.

Os participantes son, na súa maioría, nenos e mozos de ata 17 anos de idade, aínda que tamén asiste unha músico profesional. Dos trece, doce tocan o violín e dous a viola. A pesar das súas similitudes, estes son dous instrumentos que precisan de técnicas diferentes para sacarlles o máximo partido. “Moita xente pensa que tendo unha boa técnica co violín lles será fácil tocar a viola e non é así. A viola é máis grande, ten cordas diferentes e necesítase un traballo técnico máis duro para encontrar unha boa sonoridade”, explica a profesora.

O nivel que se atopou entre o alumnado valgués “é bo. Concan cunha boa profesora na Escola de Música, Carmen Gallego, que está aberta a diferentes opinóns que sexan beneficiosas para os rapaces. Isto é importante xa que, habitualmente, cando un mestre pasa tanto tempo cos seus alumnos adoita pasar por alto pequenos detalles, polo que sempre é bo contar coa opinión doutro profesor”.

A Masterclass, que se clausura mañá cun concerto a partir das 21 horas, inclúe tanto traballo individual e personalizado con cada un dos alumnos, como sesións grupais. “Gústame sempre escoitar aos músicos antes de plantexarme que tipo de traballo realizar con eles. Cada un é diferente e o que é interesante para un pode non selo para outros”.

Natalia Arestova naceu en Siberia, na cidade de Zheleznogorsk, (Rusia). Graduouse na School Ural State Conservatory, no departamento de Música de Cámara. É coorganizadora e participante do "Festival of Contemporary Music" é do Ural State Conservatory. Entre 2012 e 2016 foi músico da Ekaterinburg Opera and Ballet Theater e, en 2017, do Beijing Exhibition Center.

Será a profesora de Música de Cámara do Centro Superior de Música de Valga, aínda que ata o de agora as súas incursións na docencia foron puntuais. “Non adoito dar clase, xa que a miña faceta primordial é tocar e ofrecer concertos. Estou doutorada en Música de Cámara de alto nivel, con diferentes grupos e combinacións instrumentais. O que si me gusta moito é tocar con nenos. É moi importante para eles traballar a música de cámara, xa que así seralles máis doado integrarse nunha Orquestra Sinfónica”, explica.

masterclassviolin2 masterclassviolin3

masterclassviolin4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver