Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Atópase xunto ao río Valga e conta cunha marquesiña que dá acubillo aos camiñantes e bancos para o repouso

- A ruta lusa a Santiago é a segunda máis transitada, con máis de 30.000 peregrinos no que vai de ano

áreaperegrinos1

Valga, 22 de xullo de 2019.

Os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Santiago contan cunha renovada área de descanso ao seu paso pola parroquia de San Miguel.

Trátase dun enclave situado no lugar de Chenlo, xunto á ponte sobre o río Valga, onde se executaron obras de restauración dunha estrutura de madeira destinada ao repouso dos camiñantes.

A vella instalación atopábase xa deteriorada debido ao paso do tempo, ás inclemencias meteorolóxicas e ao seu uso por parte dos peregrinos, polo que se proxectou unha actuación de mellora integral.

A marquesiña cuberta que da acubillo aos camiñantes foi cambiada por unha completamente nova, ao igual que os bancos para o descanso dos peregrinos. Tamén se instalaron as correspondentes varandas de protección e unha plataforma de madeira que sostén todo o conxunto e que bordea o río Valga por unha das súas marxes.

A restauración desta área de descanso é unha das actuacións máis salientables de entre outras obras de de mellora que se están levando a cabo no tramo do Camiño Portugués que discorre polo termo municipal de Valga, co obxectivo de ofrecer aos peregrinos unha ruta nas mellores condicións posibles e facerlles máis levadeiro o seu camiño cara Santiago.

O Camiño Portugués é a segunda Ruta Xacobea máis transitada, chegando case aos 68.000 peregrinos en 2018. Entre xaneiro e xuño de 2019 alcanzou os 30.534 camiñantes, un 13’31% máis que no mesmo período do ano pasado, segundo os datos estatísticos da Oficina do Peregrino.

áreaperegrinos2 áreaperegrinos3

áreaperegrinos4           áreaperegrinos5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver