Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o alcalde visitaron as dependencias

- Xunta e Concello asinaron un convenio para financiar a dotación de mobiliario e equipamento

DXXustiza1

Valga, 19 de xullo de 2019.

O director Xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta mañá as novas dependencias do Xulgado de Paz de Valga, que proximamente entratarán en funcionamento na planta baixa do Edificio Administrativo. O representante da Xunta de Galicia foi recibido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e acompañado polos concelleiros Carmen Gómez, Begoña Pérez e Pedro Calvo.

Visitaron as novas oficinas nas que desenvolverán as súas funcións a Xuíza de Paz e máis o secretario xudicial e tamén a sala de audiencias, na que se celebrarán as vistas, xuízos ou as vodas. As instalacións están xa equipadas e amobladas en virtude dun convenio de financiamento asinado entre o Concello e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que aportou 10.000 euros. “Como funcionario de Xustiza sinto envexa destas instalacións, parécenme estupendas”, afirmou Juan José Martín.

O alcalde anunciou que o novo Xulgado de Paz entrará en funcionamento este mesmo verán. Nas vindeiras semanas levarase a cabo o traslado dende o Concello ao Edificio Administrativo, unha tarefa que será supervisada por persoal da administración de Xustiza, explicou, dado que terá que manipularse documentación sensible que afecta á intimidade das persoas.

No edificio rehabilitado na Praza Manuel Vicente Cousiño de Pontevalga xa están actualmente en funcionamento a biblioteca municipal e os novos estudos de Radio Valga e tamén se trasladarán alí as oficinas da Policía Local. A reubicación destes e doutros servizos municipais permitirá desconxestionar as actuais oficinas do Concello en beneficio dos veciños e tamén dos traballadores.

O alcalde agradeceu a visita do Director Xeral e tamén a colaboración da Xunta de Galicia para que as obras do Edificio Administrativo poidan continuar. “Hai outros organismos como a Deputación, que non apostaron por este proxecto de restauración e nos negaron subvencións. Non é xusto e por iso o Concello decidiu presentar un contencioso administrativo en defensa dos intereses dos veciños de Valga. En cambio a Xunta si que respalda este proxecto e demóstrao coa concesión de axudas económicas, como os 10.000 euros para equipar o Xulgado ou os 28.000 para a próxima instalación dun ascensor".

DXXustiza2 DXXustiza3

DXXustiza4 DXXustiza5

DXXustiza6 DXXustiza7

DXXustiza8

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver