Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en matricularse deben poñerse en contacto co centro

- A porcentaxe de inserción laboral é do 80% e ofrécese a posibilidade de realizar prácticas no estranxeiro

iesporfora

Valga, 12 de xullo de 2019.

O IES de Valga conta con prazas vacantes no Ciclo Superior de Construcións Metálicas, uns estudos de Formación Profesional que permiten obter o título de Técnico Superior en Construcións Metálicas e que contan cunha inserción laboral do 80%.

Os contidos deste ciclo están orientados ao deseño de produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe industrial e á planificación, programación e control da súa produción. Ademais dunhas instalacións modélicas, o IES de Valga ofrece unha formación prácticamente personalizada e a posibilidade de realizar prácticas en varios países de europa. O centro tamén ten en vigor acordos con empresas punteiras do sector como Gama e Hijos, Lema, Sometal, Rías Bajas, Fundivisa, Barton Maquinaria, Gamelsa, Ausavil, ODL ou Stac.

A inserción laboral está prácticamente asegurada. Máis de 80% do alumnado deste ciclo conseguiu un contrato de traballo despois de obter a titulación e é frecuente que empresas do sector se poñan en contacto co IES para solicitar traballadores co Título Superior de Construcións Metálicas.

Os ámbitos profesionais que se abren logo de cursar este ciclo de FP abarcan a fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial; talleres mecánicos; construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles; construción e reparación naval; instalacións petroquímicas; ou montaxe e reparación de construcións metálicas, entre outros.

As persoas interesadas en matricularse deben poñerse en contacto co IES de Valga, presencialmente ou a través do número de teléfono 886 151 980.

No seguinte enlace poden consultar máis información sobre o Ciclo Superior de Construcións Metálicas: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevalga/node/1131

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver