Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Limparon as escaleiras de acceso e zonas empedradas, ademais de executar desbroces, podas e plantación de árbores

- O alcalde e a concelleira de Emprego visitaron a zona para comprobar o resultado das obras

obraBeiro1

Valga, 9 de xullo de 2019.

Os dez alumnos do módulo de forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III están executando traballos de mellora e acondicionamento no Miradoiro de Beiro e no seu entorno.

As tarefas consisten en desbroces e limpezas manuais e con desbrozadora, sega e rastrillado de follas. Ademais, evaron a cabo podas de formación, de mantemento e de rehabilitación, plantaron especies arbóreas e tamén realizaron queimas controladas cos restos das podas e limpezas.

Os traballos incluíron a limpeza con máquina hidrolimpadora de todas as escaleiras de acceso e da zona empedrada xunto ao muíño de vento, polo que o entorno ofrece agora unha imaxe coidada e limpa para todos os veciños e visitantes que queiran achegarse a esta área de lecer e esparexemento.

O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, e a directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, visitaron esta semana a zona para comprobar o desenvolvemento e os resultados da actuación.

O Obradoiro Ulla-Umia III, que deu comezo a mediados de novembro de 2018, atópase xa no seu oitavo mes de actividade. “A estas alturas os alumnos traballan con moita autonomía e coas destrezas propias das dúas especialidades, albanelería e forestais, que foron adquirindo durante este tempo nas sesións teórico prácticas nas aulas e talleres. O obxectivo final é favorecer a súa inserción no mercado laboral”, explica a directora.

O proxecto formativo prolongarase ata comezos do mes de agosto coa participación de dez desempregados de Valga e outros tantos de Moraña. A Xunta de Galicia aportou 288.807 euros para financialo, mentras que os concellos de Valga e Moraña sufragan os materiais para as obras que se están a executar nos respectivos municipios.

No caso de Valga, os alumnos de albanelería realizaron melloras no pavillón municipal de Beiro, traballos de acondicionamento no Edificio Administrativo e están executando a ampliación do ximnasio municipal. Pola súa parte, o módulo de forestais traballou no Camiño de Santiago e na área lúdica de Vilarello, ademais do xa citado Miradoiro de Beiro.

obraBeiro2 obraBeiro3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver