Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en formar parte do retén deben inscribirse na oficina do Servizo Público de Emprego en Vilagarcía

- A súa prioridade será exintiguir lumes forestais, pero tamén realizarán traballos de prevención

 

Valga, 5 de xullo de 2019.

O Concello, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, volverá a contar este verán cunha brigada de loita contra os incendios forestais, que se manterá activa durante un período de tres meses e estará formada por un total de cinco operarios (un xefe de brigada, un condutor e tres peóns).

As persoas interesadas en formar parte desta cuadrilla deben inscribirse na oficina do Servizo Público de Emprego de Vilagarcía cos códigos que a continuación se relacionan:

  • Código 64101022: Xefe de brigada, que debe estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural ou Formación Profesional equivalente.
  • Código 59321013: Traballador de retén de incendios forestais con carné de conducir B.
  • Código 59321013: Traballador de retén de incendios forestais

Para a posta en funcionamento desta brigada, o Concello e máis a Xunta de Galicia asinaron un convenio para o desenvolvemento de accións combinadas de prevención e defensa contra incendios, co obxectivo de acadar unha maior eficacia na loita contra os lumes forestais a través da optimización de todos os recursos dispoñibles.

Entre as funcións e tarefas a realizar por este retén terá prioridade a extinción de incendios forestais, quedando integrada a brigada no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés. Tamén levarán a cabo labores de prevención, que consistirán na roza, rareo e eliminación de restos en camiños forestais, áreas cortalumes ou nas faixas de xestión de biomasa que sexan de titularidade municipal.

brigada incendios

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver