Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Catro bancos e dúas papeleiras foron concedidos pola Deputación para este espazo natural

- O Concello solicitara á administración provincial un total de 48 elementos para diferentes zonas de lecer do municipio

mobiliariomina1

Valga, 18 de xuño 2019.

O Concello de Valga solicitou á Deputación de Pontevedra, no marco do programa de melloras en espazos públicos, un total de 48 elementos de mobiliario urbano –24 bancos e 24 papeleiras– para distribuír por diferentes entornos naturais e zonas de lecer do municipio, en concreto para o Parque Irmáns Dios Mosquera, a área fluvial de Vilarello, a lagoa Mina Mercedes e o miradoiro do Monte Beiro.

Desta lista de elementos, a Deputación Provincial concedeu ao Concello seis pezas de mobiliario para instalar na Mina Mercedes. Trátase de catro bancos e dúas papeleiras –unha pequena e outra con varios compartimentos para a recollida selectiva do lixo– que nos últimos días xa foron colocados por operarios do servizo municipal de Obras.

Dous bancos e a papeleira grande instaláronse no entorno do parque biosaudable e os outros tres elementos distribuíronse polo paseo.

mobiliariomina2 mobiliariomina3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver