Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os dous centros educativos teñen en común a especialidade do metal

- Bello Maneiro desexoulles éxito no seu proxecto e que teña unha repercusión positiva no alumnado

profesFrancia1

Valga, 18 de xuño de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro ofreceron esta mañá na Casa do Concello unha recepción a dous profesores dun centro educativo francés que está promovendo un proxecto de intercambio co IES de Valga.

Antoine Noël e David Poiron son mestres do Lycée Eric Tabarly, unha escola profesional (o equivalente á Formación Profesional do sistema educativo español) situada na vila de Olonne-sur-Mer, na rexión de Países do Loira, pertencente ao distrito costeiro de Les Sables-d’Olonne, aproximadamente a 100 quilómetros ao sur de Nantes.

Este centro e máis o IES de Valga, que teñen en común a especialidade do metal, están interesados en impulsar un proxecto conxunto dentro do porgrama Erasmus+, como por exemplo intercambios de alumnado para prácticas e visitas, realización de traballos ou visitas do profesorado. No mes de setembro está previsto que unha mestra do instituto valgués realice unha visita ao Lycée Eric Tabarly.

Na recepción no Concello, os dous profesores galos estiveron acompañados pola directora do IES, Dolores Rego, e polo mestre de Ciclos Antonio Mirás. O alcalde desexoulles que “esta visita sexa positiva para os dous centros educativos e teña repercusión” no seu alumnado e explicou aos educadores franceses que o Concello e o IES están inmersos noutros proxectos de intercambio a nivel europeo coas localidades de Valga (Estonia) e Valka (Letonia).

Bello Maneiro agasallounos, como recordo da súa estancia no municipio, cunha bandeira e unha insignia de Valga, xabóns de camelia elaborados polos usuarios do CODI e a reproducción dun alambique.

Tralo seu paso polo Concello, os profesores fixeron unha visita ao Museo da Historia guiados polo técnico municipal responsable das instalacións, Santiago Chenlos, que lles explicou os diferentes contidos. Os episodios históricos relacionados coa Batalla de Casaldeirigo e a figura da Bella Otero foron dúas das cuestións polas que se amosaron máis interesados polo seu vencello con Francia.

profesFrancia2 profesFrancia3

profesFrancia4 profesFrancia5

profesFrancia6 profesFrancia7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver