Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra reúne obras de catro artistas da comarca: Marisé Canda, Elena Vidal, Áurea Garabán e Rosa Vidal

- Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de xuño

encontros1

Valga, 17 de xuño de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, participou na inauguración da exposición de “Encontros Creativos”, que reúne obras de de catro pintoras da comarca: Marisé Canda, Elena Vida, Áurea Garabán e Rosa Vidal e pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de xuño. Ao acto inaugural, que tivo lugar o pasado venres, asistiron tamén as concelleiras  Carmen Gómez e Begoña Piñeiro.

As catro artistas que promoven esta exposición colectiva comparten mestre, Raúl Burés, aínda que os seus traballos son moi diferentes entre si.

Marisé Canda, veciña de Caldas de Reis, é unha pintora autodidacta cun estilo moi diferencial. En “Encontros Creativos” asina sete cadros, óleos sobre lenzo. A maioría céntranse nunha mesma temática, os paraugas, aínda que tamén pode verse unha obra sobre maternidade.

Áurea Garabán, de Condide (Pontecesures), conta con 17 anos de traxectoria na pintura. Expón cinco cadros no Auditorio e a súa obra caracterízase pola cor. Ao contrario que Rosa Vidal, veciña da Devesa, que ten predilección polos cadros en branco e negro, como se aprecia nos sete óleos que asina en “Encontros Creativos”.

Por último, Elena Vidal aporta varias paisaxes e tamén un retrato de Rosalía de Castro. Cinco obras, en total. Fai nove anos que esta veciña de Porto (Pontecesures) comezou no mundo da pintura, tralo falecemento do seu marido. Os pinceis foron para ela unha terapia e neste tempo xa ten participado en varios concursos. Nun deles, na Pobra do Caramiñal, gañou un accésit.

encontros2 encontros3

encontros4encontros5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver