Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Trinta e seis maiores asistiron durante este curso aos obradoiros de estimulación cognitiva e expresión artística

- Estas actividades axúdanlles a reforzar autoestima, relacionarse con outras persoas e acadar unha maior satisfacción persoal

clausuraCS1

Valga, 13 de xuño de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Begoña Piñeiro entregaron esta mañá os diplomas aos participantes no Campus Sénior, un programa que promove a Concellería de Benestar Social e que axuda aos maiores a mellorar a súa autoestima, relacionarse con outras persoas e acadar unha maior satisfacción persoal.

Trinta e seis veciños de Valga asistiron durante este curso aos obradoiros de estimulación cognitiva e expresión artística. O primeiro está orientado a traballar a memoria. O relato de contos, a realización de pequenas operacións matemáticas, e a resolución de adiviñas e pasatempos son algunhas das técnicas que traballan, así como a realización de exercicios vencellados a actividades cotiás como elaborar a lista da compra.

As clases de manualidades e pintura son impartidas por Ángeles Garrido e axudan aos participantes a expresarse e a potenciar a súa faceta artística, traballando tamén outros aspectos como a psicomotricidade.

Con estas actividades o Campus Sénior contribúe a acadar unha maior calidade de vida para as persoas maiores, favorece a súa integración e mellora a súas relacións sociais, ao tempo que os inscritos traballan o mantemento das súas capacidades cognitivas, persoais e sociais.

Ademais dos correspondentes diplomas, os participantes recibiron como agasallo un xabón de camelia realizado polos usuarios do CODI.

clausuraCS3 clausuraCS2

clausuraCS4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver