Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Este imposto afecta ás empresas subministradoras e explotadoras de servizos de gas, electricidade e outros

- Teñen que pagar ao Concello o 1,5% dos ingresos brutos anuais que obteñan no municipio

 

Valga, 13 de xuño de 2019.

O Concello adxudicou á empresa Oesia Networks S.L. o contrato para xestionar o cobro da taxa pola utilización privativa do dominio público ás compañías subministradoras e explotadoras de servizos de electricidade, auga, gas e outros.

Estas empresas teñen que pagar ao Concello o 1,5% dos seus ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal, tal e como recolle a Ordenanza reguladora da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos. Esta ordenanza está en vigor dende outubro de 1998.

A consultura Oesia Networks encargarase de facer efectivo o cobro desta taxa ás compañías subministradoras que están utilizando e aproveitando o dominio público local en beneficio particular. O contrato ten unha duración dun ano e a adxudicataria percibirá o 25% da cantidade total que recade, ata un límite de 14.995 euros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver