Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos consisten na mellora dos vestiarios e na ampliación das dependencias do ximnasio municipal

- Os vinte aprendices de albanelería e forestais rematan en agosto os nove meses de formación teórica e práctica

ObradPavillon1

Valga, 7 de xuño de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, visitou as obras que se están executando no pavillón municipal de Beiro por conta do alumnado de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III. O rexedor comprobou o avance dos traballos acompañado pola concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, e o arquitecto municipal, Serafín Vigo.

Os traballos que están realizando os dez alumnos da especialidade de albanelería consisten na mellora dos vestiarios, tanto de masculinos coma femininos. Picaron o pavimento e o azulexo, levantaron as divisións para habilitar un total de catro baños (dous para persoas con mobilidade reducida) e seis duchas, acometeron o revestimento do piso e o alicatado das paredes e colocaron os novos aparatos sanitarios. Estas obras quedarán rematadas no día de hoxe.

Abriuse, ademais, unha porta que comunica coa zona de ampliación do ximnasio municipal. Esta construción xa estaba realizada e o alumnado do Obradoiro encargarase de colocar o pavimento vinílico, entre outras actuacións.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, promovido polos concellos de Valga e Moraña, remata o seu período formativo de nove meses a comezos do mes de agosto. Durante este tempo, vinte persoas desempregadas recibiron formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e forestais, percibindo os participantes o salario mínimo interprofesional.

Ademais da obra do pavillón, o alumnado de albanelería realizou tamén traballos no edificio de usos administrativos, en concreto alicatados, solados, revestimentos de paredes e a construción dunha rampa para o acceso de persoas con mobilidade reducida. Pola súa parte, os aprendices do módulo de forestais realizaron tarefas de limpeza, podas e plantacións no miradoiro de Beiro, na praia fluvial de Vilarello e no Camiño de Santiago.

O proxecto do Obradoiro conta cun orzamento total de de 348.807 euros, dos que case 290.000 foron aportados pola Xunta de Galicia e a parte restante polos dous concellos participantes.

ObradPavillon2 ObradPavillon3

ObradPavillon4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver