Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa Covsa está a realizar traballos de aglomerado nunha vintena de viais

- Nos últimos meses investíronse máis de 800.000 euros en asfaltados

AsfaltadoCovsa2

Valga, 4 de xuño de 2019.

O Concello de Valga continúa cos traballos de mellora e pavimentación dos viais de titularidade municipal.

A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) está executando traballos de aglomerado nunha vintena de viais das cinco parroquias de Valga, un proxecto no que se invisten 363.782’46 euros do Plan Concellos 2019.

As estradas incluídas neste proxecto atópanse en Cedelo, Fontenlo, Cimadevila, Casa de Amil e Tarroeira na parroquia de San Miguel; Devesa, Montiño, O Coto en Campaña; Outeiro e Casaldeirigo en Setecoros; Baño, Carballiño, Louro-Senín e Parafita en Xanza; e Castiñeiras, Moldes-Vilarello, Areal-Outeiro e Forno na parroquia de Cordeiro. Neste último lugar é onde se están a desenvolver as obras durante as últimas xornadas.

Os traballos consisten na limpeza do firme e das marxes, con apertura de cunetas, e a posterior pavimentación con mistura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor.

               AsfaltadoCovsa1                AsfaltadoCovsa3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver