Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Xosé Antonio Touriñán foi o cómico máis aclamado polas cincocentas persoas que se deron cita no Auditorio

- Marcos Pereiro, Federico Pérez ou Lucía Veiga foron algúns dos actores participantes

MaloSerá5

Valga, 3 de xuño de 2019.

O televisivo programa “Malo Será!” gravou onte en no Auditorio Municipal a súa función con máis público de toda esta tempora, a segunda en antena e á que puxeron fin, precisamente, coa rodaxe de Valga.

As case cincocentas butacas que saíron á venda estiveron ocupadas por uns espectadores entregados, que acudiron á cita con gañas de pasalo ben e afobé que o fixeron cos sketches humorísticos protagonizados por un elenco de actores integrado por Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Federico Pérez, entre outros cómicos. Marta Dovira foi a presentadora do espectáculo.

Pero sen dúbida o máis agardado e aclamado polo público foi o invitado co que contaba o programa nesta ocasión, Xosé Antonio Touriñán, que protagonizou varias das escenas de humor que se emitirán en vindeiras datas na Televisión de Galicia. Nalgúns destes sketches houbo referencias a Valga, por exemplo, coa proxección de diferentes imaxes do municipio.

Ao remate da función, todo o elenco saiu ao hall do Auditorio para saudar ao público e facer fotografías con todas aquelas persoas que quixeron.

MaloSerá1 MaloSerá2

MaloSerá4 MaloSerá6

MaloSerá3 MaloSerá7

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver