Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É a quinta edición do evento deportivo, que se celebra no campo municipal de Baño

- As competicións continúan a próxima fin de semana coas categorías alevín e prebenxamín

VBenja4

Valga, 27 de maio de 2019.

O Cordeiro C.F. estreou esta fin de semana a quinta edición dos seus torneos de fútbol base, que se disputan no campo municipal de Baño e contan coa colaboración do Concello de Valga.

O sábado dispotouse a competición de categoría benxamín, con dezaseis equipos participantes. Na fase final o gañador foi o Pontevedra C.F., o Arosa Promesas foi subcampeón e o terceiro e cuarto postos foron para o C.D. Rois e o Cordeiro C.F.

Na fase de consolación impúxose a S.D. Aguiño, que gañou a final ante o AF7 Vilagarcía. O C.F. Carreira foi terceiro, e o C.D. Rois “B”, cuarto.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro, asistiron á entrega de trofeos e medallas.

Na xornada do domingo xogáronse os encontros de categoría biberón, tamén con dezaseis equipos participantes. O vencedor foi o Amio S.D., que lle gañou a final ao Victoria F.C. En terceiro lugar clasificouse o Arosa S.C. e o cuarto foi o Villestro S.D.

Na fase de consolación houbo victoria local, impoñéndose o Cordeiro C.F. ao Sálvora na final. O C.D. Rois foi terceiro e o Atlético Cuntis, cuarto.

Os torneos de fútbol base organizados polo Cordeiro C.F. continúan a vindeira fin de semana coas categorías alevín e prebenxamín. Os días 8 e 9 de xuño porán o broche a esta edición os infantís e os cadetes. En total, nas tres fins de semana participarán no evento deportivo máis de 1.400 futbolistas de 88 equipos.

 VBenja1 VBenja2

VBenja3 VBenja4

VBibe1 VBibe2

VBibe3 VBibe4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver