Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

APROBACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, DATA DE CELEBRACIÓN DO EXERCICIO E COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL

Vista a Resolución de Alcaldía num. 2019/0146 de data 10/05/2019,  na que se acorda convocar unha praza dun funcionario interino e con carácter urxente e inaprazable mentres se abre un  novo proceso selectivo para a cobertur da citada vacante de forma temporal (interina) e en tanto permanecen as razóns de urxencia que o motivaron

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía num. 2019/146 de data 10/05/2019, e en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado polo Real Decreto 264/1995, de 10 de marzo, e do artigo 21.1.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a seguinte relación de aspirante admitidos e excluídos da convocatoria referenciada:

Relación de aspirantes admitidos:

- Cruces García, María José, 35476451D

- Paz González, Sara, 35487142M

Relación de aspirantes excluídos: Ningún

SEGUNDO. A composición do tribunal cualificador é a seguinte:

- Presidente: Juan José Vidal Vilanova

- Secretario: Juan Manuel Salgueiro del Valle

- Vogal: José Ramón Rial Becerra

TERCEIRO. A realización do exercicio será o día 22 de maio de 2019, ás 9.30 horas, na Casa do Concello (Avda. Coruña, 14 - Valga), debendo portar os aspirantes a documentación acreditativa persoal.

CUARTO. Publicar no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a lista dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos, así como a designación do tribunal e data de convocatoria para o exercicio.

O alcalde,

José María Bello Maneiro

Resolución de Alcaldía

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver