Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As camelias e paisaxes de Valga son as protagonizan as obras da artista local

- En maio haberá outras dúas mostras: “Infancia Crea”, con obras do alumnado de catro colexios, e “Pintando as nosas letras”, do Campus Sénior

exporcrespo1

Valga, 30 de abril de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, acompañou na tarde de onte á artista local Rosa Crespo na clausura da súa exposición “Pintando ilusións”, que permaneceu no Auditorio Municipal durante o mes de abril. Ao acto tamén asistiron as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro, así como un grupo de socias do colectivo de Mulleres Rurais “Albor”, que preside a propia Rosa Crepo e no que imparte clases de pintura.

“Pintando ilusións”, que en próximas datas percorrerá outros concellos de Galicia, une dúas das principais afeccións da artista, a pintura e as camelias, que cultiva dende hai máis de 25 anos. A denominada “flor de Galicia” protagoniza boa parte das 26 obras, outorgándolle á mostra un colorido que é característico da pintura de Rosa Crespo.

Predomina o realismo, aínda que tamén inclúe un par de ensaios de pintura abstracta e destacan, así mesmo, un cadro con textura pintado sobre tela de saco e outro que mistura a técnica do óleo co repuxado en aluminio. En canto ás temáticas, ademais de inspirarse nas camelias, a pintora reproduce nas súas obras paisaxes de Valga, como o Parque Irmáns Dios Mosquera ou as fervenzas.

Rosa Crespo explicou durante o acto de clausura que “cada minuto que dedico á pintura é unha satisfacción para min. Evádome dos problemas, pásoo de marabilla e a miña maior alegría e que o que fago lle guste á xente”. O alcalde felicitouna polo seu “impresionante traballo como artista” e animouna a continuar transmitindo a súa “experiencia coa pintura” a outras persoas.

Durante o próximo mes de maio o Auditorio Municipal acollerá outras dúas exposicións. Entre os días 2 e 15 poderá verse “Infancia Crea”, unha mostra promovida pola escola de pintura Adeval e as ANPAS dos colexios Xesús Ferro Couselo, Baño-Xanza, CPI Pontecesures e CRA de Valga que reúne obras do alumnado destes catro centros.

Na segunda quincena do mes, do 16 ao 31 de maio, tomará o relevo “Pintando as nosas letras”, a cargo dos participantes no Campus Sénior.

exporcrespo2 exporcrespo3

exporcrespo4 exporcrespo5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver