Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estanse a instalar dúas unidades enfriadoras para dar servizo á sala principal e á zona de camerinos

- A actuación contratouse por un orzamento de 81.070 euros

climatizacionauditorio1

Valga, 25 de abril de 2019.

A empresa valguesa Instalaciones Nurmel S.L. está a executar as obras de mellora da climatización no Auditorio Municipal, un proxecto adxudicado por un importe de 81.070 euros e incluída no Plan Concellos 2019.

A actuación conleva a instalación de dúas unidades enfriadoras exteriores e tamén dunha rede de condutos de distribución de aire interiores para dar servizo á sala principal do Auditorio e á zona de camerinos.

Con este proxecto mellorarase o benestar e o confort dos usuarios do Auditorio Municipal ao adecuarse as condicións térmicas do inmoble, especialmente no verán, unha época na que ata o de agora a sensación térmica dentro da sala se elevaba en demasía polo efecto combinado da climatoloxía e das características propias do recinto.

                 climatizacionauditorio2                  climatizacionauditorio3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver