Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas de 65 anos en diante poden anotarse no Concello ou no Auditorio ata o día 30 de abril

- A xuntanza inclúe unha misa, comida, sorteo de agasallos e baile

encontromaiores

Valga, 22 de abril de 2019.

O prazo de inscrición para participar na XXIII edición do Encontro cos Nosos Maiores está xa aberto. Os veciños de Valga de 65 anos en diante poden anotarse nas oficinas do Concello ou no Auditorio Municipal. O período para formalizar as inscricións pecharase o día 30 de abril.

A xuntanza en homenaxe á poboación máis veterana do municipio terá lugar o domingo 5 de maio. A programación dará comezo ás 13 horas cunha misa que se oficiará no Auditorio e que será cantada pola Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro. Unha vez rematado o acto relixioso, os asistentes serán trasladados en autobuses ata o pavillón de Beiro, instalacións que acollerán o resto das actividades.

O xantar será preparado por un grupo de veciños e servirase polbo, salpicón de marisco, carne de tenreira e carneiro, postre e sobremesa. Entre os asistentes sortearanse agasallos aportados por casas comerciais da zona e, ademais, o home e a muller de maior idade que acudan á celebración recibirán un obsequio conmemorativo. A festa continuará depois cun baile a cargo do Dúo Caché.

encontro maiores

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver