Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación terá lugar no Auditorio mañá, a partir das 21 horas, con entrada de balde para o público

- “Estes músicos teñen moita facilidade, nótase que levan un gran traballo ás súas costas”, di a directora

AnaBelénRubio1

Valga, 16 de abril de 2019.

O Banda de Música Municipal de Valga ofrece mañá mércores o concerto “Pasión Manchega” coa directora convidada Ana Belén Rubio Maganto. Será a partir das 21 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde para o público.

Ana Belén Rubio leva dende nena vencellada á música. Sen ningunha tradición musical na familia, máis que un tío que tocaba o clarinete nun grupo de verbena, tivo claro dende rapariga a que quería dedicarse. Con sete anos comezou os seus estudos na Escuela Manuel de Falla, en Alcorcón, na que se titulou no grao medio de clarinete. Cursou estudos superiores no Conservatorio de Salamanca e, en parelelo, comezou a dar clases na vila natal dos seus pais, en Méntrida (Toledo), onde tivo ademais a súa primeira experiencia coa batuta, como directora dunha banda xuvenil.

Logo dunha etapa como docente en institutos de Educación Secundaria, en 2011 ingresou na Escola Municipal de Música Diego Ortiz de Toledo, onde imparte clases de clarinete e dirixe a Banda Xoven. É licenciada en dirección de banda pola Royal School of Music de Londres e, na actualidade, está a facer un máster en dirección musical e escribindo un libro sobre dirección de banda.

AnaBelénRubio2

“Hoxe en día é máis habitual ver a unha muller dirixir unha banda ou unha orquestra, pero cando eu empecei con 18 anos era unha cousa estraña. Todos se sorprendían ao ver a unha rapaza como directora”, explica sobre como o xénero feminino se foi abrindo paso nun sector tradicionalmente masculinizado como o da dirección. Aínda así, recoñece, para ela non foi un inconvinte, nin moito menos. O feito de que unha muller fose directora actuaba como reclamo e atraía a máis público aos concertos.

O concerto que mañá ofrecerá xunto a Banda Municipal de Valga ofrecerá un percorrido por distintas historias manchegas, entre elas El Quijote, a través da música sinfónica. “Que menos que, ao saír fóra de Castela-A Mancha, traer a música da zona”, di. O seu obxectivo de cara a actuación é “gozar facendo música. Se eu o fago, farano tamén os músicos e conseguiremos chegar ao público”.

Foi a propia Ana Belén Rubio a que elixiu o repertorio e dende comezos desta semana está a dirixir os ensaios coa agrupación valguesa. “Esta é unha banda fenomenal. Os músicos teñen moita facilidade, nótase que teñen percorrido e un gran traballo ás súas costas. É relativamente doado traballar con eles”, explica sobre os preparativos da actuación e, en xeral, sobre o nivel dos músicos valgueses. “Ao chegar de fóra percíbese o traballo que hai detrás desta agrupación, unha banda que leva moito tempo a base de esforzo e de boas ideas que lle permiten seguir crecendo”.

Concerto Bandaok

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver