Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación puxo o colofón ás actividades lectivas do IES antes das vacacións de Semana Santa

- Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez

bandaies1

Valga, 12 de abril de 2019.

A Xove Banda de Valga ofreceu hoxe un concerto didáctico no IES que serviu de colofón ás actividades lectivas do centro antes das vacacións de Semana Santa.

A actuación tivo lugar no patio exterior do instituto, que interrompeu as clases para que todo o alumnado puidera asistir. O repertorio compúxose de obras pertencentes a bandas sonoras de películas de Disney, como Hércules, Los Increíbles ou Aladdin, entre outras, e foi conducido polo director titular da agrupación xuvenil, Pedro José Torres Diz.

 O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, asistiron ao concerto, que estivo precedido pola entrega de premios aos gañadores do VIII Concurso de Fotografía organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES. A gañadora foi Sara Abalo Chico, de 1º de Bacharelato, e o segundo premio foi compartido por Almudena Castiñeiras Buceta (2º de Bacharelato) e por Michael Douglas Pereira dos Santos (3º da ESO).

bandaies2 bandaies3

bandaies4 bandaies5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver