Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O mestre Francisco Javier Hermida será o representante do centro e supervisará a actividade do alumnado nas empresas formadoras

- “É un grande reto que afrontamos coa confianza que nos dá unha traxectoria exemplar”, afirma a directora do IES

vistaiesvalga

Valga, 10 de abril de 2019.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de seleccionar ao IES de Valga como un dos centros que, con carácter experimental, conformarán a Rede Galega de Dinamización da FP Dual, unha iniciativa de nova creación que ten como finalidade mellorar as conexións entre os centros de ensino e as empresas colaboradoras en beneficio da formación do alumnado.

Cada centro escollido debe designar como representante a un mestre que, ata finais de ano, non terá actividade docente e dedicarase en exclusiva a supervisar a actividade do alumnado nas empresas formadoras e a explorar outras vías de colaboración. O profesor designado polo IES de Valga é Francisco Javier Hermida Liñeira.

Para a directora do instituto, Dolores Rego Balsa, “esta selección confirma a presenza do noso centro na vangarda da formación profesional galega, o que vai redundar na melloría das competencias profesionais do noso alumnado”. Engade, ademais, que se trata “dun grande reto que afrontamos coa seguridade que nos dá unha traxectoria exemplar refrendada pola confianza que teñen en nós as empresas colaboradoras”.

A Formación Profesional Dual

A Formación Profesional Dual é unha modalidade educativa que compaxina a actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa no centro de ensinanza. Engloba os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa) e combina a asistencia do alumnado ao centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O IES de Valga oferta actualmente estes estudos para o título de Técnico en Soldadura e Caldeirería.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver