Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo para inscirbirse na comida popular remata o día 24 e o prezo é de dez euros por persoa

- Dous cochos, un para poxar entre os asistentes e outro para o xantar, críanse dende hai meses na Escola Taller

 matanza2018

Valga, 4 de abril de 2019.

A sétima edición da Festa da Matanza do Porco, que organiza a asociación Amigos do Belén coa colaboración do Concello, terá lugar o sábado 27 de abril no patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro.

Os asistentes poderán presenciar a partir das 11 horas unha representación da matanza tradicional e participar, despois, nunha comida popular con produtos típicos da mantanza como rixóns, zorza, cocido, bolos do pote e callos. De postre prepararanse filloas e pudin de morcilla, ademais de sobremesa con café e caña. A continuación haberá un baile co grupo musical “Nueva Era”.

O prezo para asistir é de dez euros por persoa e o pazo para anotarse rematará o 24 de abril. Os veciños interesados en participar poden anotarse nas oficinas do Concello ou no Auditorio Municipal.

Como é habitual, para a celebración desta festa adquiríronse dous cochos que dende hai meses se crían no recinto da Escola Taller. Un deles será poxado o día da festa entre os asistentes e a carne do segundo será a que se deguste no xantar popular.

Cartel Matanza

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver