Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade benéfica terá lugar o domingo día 7 a partir das 11 horas

- As reservas poden realizarse no Concello ou a través do teléfono 678 89 48 67

belen2

Valga, 1 de abril de 2019.

Dous dos principais recursos turísticos de Valga, o Museo da Historia e o Belén Artesanal en Movemento, son os protagonistas dunha iniciativa de carácter benéfico impulsada pola axencia Compos Tours e coa colaboración do Concello para recadar fondos para a investigación do cancro infantil.

A actividade terá lugar o vindeiro domingo, 7 de abril, e consiste en visitas guiadas a estes dous enclaves de interese turístico. O punto de encontro será o Museo da Historia, no que os asistentes poderán adentrarse durante aproximadamente hora e media (de 11 a 12:30 horas) para coñecer o patrimonio de Valga e achegarse ás figuras de Xesús Ferro Couselo ou a Bella Otero. O Museo da Historia foi obxecto recemente dunha reforma e ampliación, incorporándose novos fondos e materiais expositivos.

A continuación, os participantes trasladaranse ao Belén Artesanal, en Campaña, unha composición declarada de Interese Turístico de Galicia pola Xunta e que durante o pasado Nadal recibiu máis de 42.000 visitas. Conta cunha superficie aproximada de 400 metros cadrados e supera as 4.600 figuras e edificacións, todas elas feitas de xeito artesanal. O nacemento valgués ten como principal peculiaridade a conxugación de esceas propias das festas de Nadal con tradicións locais, mostras da cultura popular do rural de Galicia e a recreación de acontecementos de actualidade a nivel nacional e internacional. Isto del unha montaxe única e outórgalle un carácter diferencial que é a clave do seu éxito.

As dúas visitas realizaranse con servizo de guía e poden reservarse por separado. As reservas deben realizarse nas oficinas do Concello (presencialmente ou por teléfono) ou a través da axencia Compos Tours, no teléfono 678 89 48 67 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A aportación económica de cada participante será voluntaria e a recaudación destinarase íntegramente a financiar a investigación do cancro infantil a través do colectivo Nico, que toma o nome dun neno de 3 anos de idade de Ourense, diagnosticado de  neuroblastoma.

 

VISITAS BENÉFICAS

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver