Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Farán unha selección dos fragmentos máis coñecidos do xénero en España cunha vistosa posta en escea

- As entradas poden adquirirse anticipadas na cafetería do Auditorio ou o mesmo día da función por 5 euros

ZARZUELA1

Valga, 21 de marzo de 2019.

O Coro Liceo de Vilagarcía ofrece este sábado, 23 de marzo, no Auditorio Municipal o espectáculo “Noite de Zarzuela”, unha selección dos fragmentos máis coñecidos deste xénero musical en España acompañada dunha vistosa posta en escea.

A agrupación coral actuará xunto a catro solistas, as sopranos Tamara Casás e Loli Crespo, o tenor José Luis Prado e o barítono Julio Cores, e a parte musical correrá a cargo da Banda de cámara “Arousa”, con arranxos e dirección de Santiago Fontes. Os actores, que exercerán tamén como presentadores do evento, serán Gonzalo Valcárcel e Diego Rubianes.

As entradas para asistir ao espectáculo, que dará comezo ás 21 horas, xa poden adquirirse de forma anticipada na cafetería do Auditorio. Tamén estarán á venda o propio día da función a partir das 18 horas. O prezo único é de 5 euros por persoa.

ZARZUELA

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver