Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O garda forestal xubilado José Carlos Rodríguez impartiu no centro dúas charlas sobre silvicultura e prevención de incendios

- O vindeiro día 18 terá lugar no monte de Vilares unha plantación de especies autóctonas con motivo do Día Forestal Mundial

charlabaño1

Valga, 14 de marzo de 2019.

Inculcar á mocidade valores ambientais e de respecto polo entorno natural é o obxectivo das conferencias que o garda forestal xubilado José Carlos Rodríguez Fernández impartiu esta semana no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza. Entre o luns e esta mañá desenvoléronse dúas charlas ás que asistiron os preto de 40 alumnos de 5º curso de Primaria, unha iniciativa que parte da Comunidade de Montes de San Miguel de Valga e do propio centro educativo, co apoio da ANPA e do Concello.

A primeira xornada centrouse na silvicultura e no coidado da natureza, transmitindo aos rapaces o gusto polo monte e o interese polo medio ambiente. José Carlos Rodríguez, que foi axente forestal durante 34 anos, dez deles en Valga, explicoulles a relación entre os seres humanos e as as árbores e as importantes funcións que estas cumpren, absorbendo dióxido de carbono para producir osíxeno e combatendo tamén o cambio climático.

Esta mañá tivo lugar a segunda conferencia sobre prevención de incendios forestais. O axente forestal xubilado faloulle ao alumnado sobre as graves consecuencias do lume. Causa danos ecolóxicos importantísimos, xa que o monte afectado deixa de ser un pulmón para o planeta, xera danos físicos como a alteración do terreo e tamén produce danos económicos para a comunidade, retrasando o proceso produtivo do monte en 40 anos e obrigando a facer importantes investimentos para a recuperación do terreo.

José Carlos Rodríguez, que exerceu tamén como axente zonal contra incendios, fixo reflexionar aos seus xóvenes oíntes cun dato revelador: un monte incendiado tarda como mínimo dez anos en recuperarse. Explicoulles tamén algunhas técnicas de recuperación do terreo e faloulles sobre como se investiga a orixe e autoría dos lumes forestais.

Estas actividades teóricas terán continuidade o vindeiro día 18, cando se celebrará no monte de Vilares unha plantación de especies autóctonas con motivo do Día Forestal Mundial.

charlabaño2 charlabaño3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver