Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalaranse dúas unidades enfriadoras para dar servizo á sala principal e á zona de camerinos

- As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 13 de marzo

Auditoriodentro

Valga, 7 de marzo de 2019.

O Concello saca a contración outro dos proxectos do Plan Concellos 2019. Trátase da mellora da climatización no Auditorio Municipal, que conta cun orzamento de 81.376’21 euros.

A actuación suporá a instalación de dúas unidades enfriadoras exteriores e da rede de condutos de distribución de aire interiores para dar servizo á sala principal do Auditorio e á zona de camerinos, mellorando as condicións térmicas, sobre todo na época estival. O prazo de execución é de 45 días contados a partir da sinatura do contrato.

As empresas poden presentar ofertas ata as 15 horas do vindeiro 13 de marzo.

Ao Concello de Valga correspóndenlle nesta anualidade un total de 538.232’16 euros do Plan Concellos da Deputación, uns fondos que se distribúen en base a criterios obxectivos como os habitantes, a superficie ou o número de núcleos de poboación. Ademais da climatización do Auditorio Municipal, executaranse outros tres proxectos: a pavimentación dunha vintena de estradas municipais nas que se investirán 363.782’46 euros; o ensanche e mellora do camino Montiño-Devesa (Campaña), cun orzamento de 45.882’28; e o subministro de electricidade ao depósito de auga de Cerneira (Setecoros), para o que se reservan 47.191’20 euros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver