Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O conselleiro do Medio Rural recibiu esta semana ao alcalde para avanzar, ademais, na restruturación parcelaria de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi

- Valga beneficiarase no período 2019-2020 dunha achega de 43.183 euros dentro do plan de camiños impulsado pola Consellería

mediorural1

Valga, 2 de marzo de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu esta semana en San Caetano a unha reunión co conselleiro do Medio Rural, José González. Ambos abordaron temas de interese para o municipio, relacionados coa mellora das súas infraestruturas rurais, coa prevención e defensa contra incendios forestais ou coa mobilización de terras.

Nesta liña, avanzaron no impulso ás reestruturacións parcelarias en marcha no municipio, en concreto a de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi, que afectaría unha superficie de 1.124 hectáreas. O conselleiro trasladoulle ao rexedor que o seu departamento está realizando un estudo das características da zona co fin de avaliar a súa idoneidade. En relación con estes procesos, xa se tivo unha reunión cos veciños interesados.

No tocante á mellora das infraestruturas, alcalde e conselleiro analizaron as posibilidades de colaboración para o acondicionamento de varias pistas e camiños municipais. Neste sentido, cómpre lembrar que Valga beneficiarase no período 2019-2020 dunha achega de 43.183 euros dentro do plan de camiños impulsado pola Consellería.

Ademais, o rexedor e o titular de Medio Rural analizaron as diferentes vías de cooperación na loita contra os lumes forestais, a través da posible mellora das dotacións do Concello, fundamentalmente no que atinxe ao uso de motobomba e dun tractor para a roza de matogueira.

mediorural2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver