Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O CRA, os colexios de Baño e Cordeiro e o IES realizaron esta mañá as súas actividades de Carnaval

- Ás 20 horas os rapaces de Música e Movemento da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto

carnaval191

Valga, 2 de marzo de 2019.

Os centros educativos de Valga viven hoxe unha xornada de celebración do Entroido na que os disfraces, desfiles e os doces típicos destas datas son os protagonistas.

O Centro Rural Agrupado (CRA) foi o encargado de inaugurar, pola mañá, as actividades educativas, cun festival que tivo lugar no Auditorio Municipal e que reuniu a numerosos pais e familiares. A temática da festa foi o Entroido tradicional, cos nenos e os seus mestres disfrazados dalgúns dos personaxes máis coñecidos do Carnaval en Galicia. Os rapaces da escola de Campaña vestíronse de Pantallas, os da unitaria de Ferreirós convertéronse en Peliqueiros, os alumnos de Xanza transformáronse en Labardeiros e Señoritas, en Chenlo o disfraz elixido foi o de Vergalleiros, a escola de Vilarello encheuse de Boteiros e, por último, en Forno botaron man dos cabalos para encarnar aos Xenerais da Ulla.

carnaval192 carnaval193

carnaval194 carnaval195

O CEP Xesús Ferro Couselo de Cordeiro celebrou unha festa no patio do colexio á que tamén estiveron convidadas as familias dos alumnos. Todos os disfraces xiraron en torno a unha mesma temática: a historia da Humanidade. Os distintos cursos fixeron un percorrido polas distintas eras da Historia: a prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Contemporánea, con disfraces de trogloditas, exipcios e romanos, medievais e burgueses ou hippies. O alumnado protagonizou representacións e bailes e, ao remate do festival, degustaron postres tradicionais do Entroido aportados polas familias.

carnaval196 carnaval197

carnaval198 carnaval199

O CEIP Baño-Xanza optou por festexar o Carnaval cun desfile entre o colexio e a Praza Manuel Vicente Cousiño. O alumnado e o persoal do centro formaron unha comparsa de preto de 300 membros que foi acompañada por un vehículo da Policía Local e outro de Protección Civil para seguridade dos nenos. A estrada de Baño permaneceu pechada ao tráfico entre as 12 e as 14 horas para permitir o paso do desfile. Os disfraces que vestían os rapaces de Infantil e Primaria estaban relacionados coa arte e con distintos autores como Dalí, Miró, Kandinsky, Frida Kahlo ou Maruja Mallo.

carnaval1910 carnaval1911

carnaval1912 carnaval1913

Tamén o IES de Valga se sumou ás celebracións de Entroido con diversas actividades lúdicas que tiveron lugar no patio central. Houbo deportes e concurso de disfraces con premios para os alumnos coas mellores vestimentas, que foron agasallados con vales de cafetaría e sesións de karts, estas últimas por cortesía da ANPA.

Xa pola tarde, a Escola Infantil Municipal elixiu o Auditorio para o seu festival. Alumnado e persoal do centro formaron unha tribo india e bailaron para as familias, que tamén puideron captar imaxes cos cativos en varios photocall e co decorado. Despois serviuse unha merenda.

carnaval1920 carnaval1921

carnaval1922 carnaval1923

Ás 20 horas retómanse as celebracións da man da Escola Municipal de Música. Os rapaces de Música e Movento ofrecerán o xa tradicional concerto de Entroido.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver