Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar o vindeiro xoves, 28 de febreiro, a partir das 12 horas

- As solicitudes de admisión para o vindeiro curso poderán presentarse entre o 1 e o 20 de marzo

cole ferrocouselo

Valga, 22 de febreiro de 2019.

O CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Cordeiro organiza unha xornada de portas abertas co obxectivo de incentivar a matriculación de novos alumnos e frear, deste xeito, a merma de estudantes. O vindeiro curso incorporaranse en 1º de Educación Primaria só tres alumnos procedentes das escolas unitarias de Forno, Vilarello e Ferreirós, unha situación que o equipo directivo, encabezado por Miguel Fernández, quere atallar con iniciativas como esta xornada coa que buscan promocionar o colexio e o seu proxecto educativo e divulgar as vantaxes que ofrece.

A xornada, na que as familias interesadas poderán coñecer o colexio e o seu funcionamento, terá lugar o vindeiro xoves, 28 de febreiro, a partir das 12 horas. Non é preciso ningún tipo de inscrición nin aviso previo. As persoas que queiran participar só teñen que presentarse no centro á hora indicada para realizar un percorrido polas súas instalacións, nas que recentemente se executaron obras de mellora como a renovación de todas as fiestras e do sistema eléctrico. Poderán visitar as aulas en horario lectivo, comprobando cales son os métodos de traballo que emprega o equipo docente, e por último asistirán a unha presentación por parte do director sobre o proxecto educativo e o prazo de admisión de novos alumnos, que estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo.

“Queremos transmitirlle ás familias que os seus fillos teñen cabida no colexio de Cordeiro. Temos prazas vacantes en todos os cursos e o feito de que o centro non estea masificado supón unha vantaxe para o alumnado”, indica o director, Miguel Fernández. A media de alumnos por aula é de entre 10 e 12 nenos o que permite ofrecer unha ensinanza máis individualizada e adaptada ás particularidades de cada estudante. “Aquí os nenos están moi ben, reciben un trato familiar e conseguimos bos resultados académicos”, remarca o director.

No CEP Ferro Couselo impártese Educación Primaria (de 6 a 12 anos). A xornada de portas abertas está orientada a familias que, de cara ao vindeiro curso académico, teñan que escolarizar aos seus fillos en 1º de Primaria, pero tamén trata de captar alumnado para o resto de cursos do ciclo. “Informaremos aos pais de que é posible cambiar de colexio durante a ensinanza Primaria polo que, se teñen interese en vir ao noso centro, aínda están a tempo”. O director tamén aclara que para matricularse no colexio de Cordeiro non é necesario estar empadroado en Valga, senón que “é perfectamente legal que veñan rapaces doutros municipios habendo prazas vacantes, como é o caso”.

Se algunhas das familias interesadas en coñecer o CEP Ferro Couselo non poden asistir o xoves a esta xornada de portas abertas, poden achegarse calquera outro día ao centro e serán recibidos, igualmente, por un responsable do equipo directivo ou docente para ofrecerlles a información que precisen. Tamén poden informarse sobre o prazo de admisión de alumnado e as prazas vacantes en cada curso na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cepxesusferrocouselo/

portasabertas cordeiro

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver