Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, inaugura mañá as actividades de homenaxe á escritora

- A cafetería do instituto ofrecerá o venres un “Caldo de gloria” inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”

rosalia1

Valga, 20 de febreiro de 2019.

Os versos rosalianos “Vexo Valga á beira hermosa / dun camiño todo prata, / casta virxe candorosa, / sentadiña en chan de rosa, / vestidiña de escalrata”, que forman parte do célebre poema “Como chove miudiño”, da obra Cantares Gallegos, decoran dende hoxe as escaleiras principais do IES de Valga, que se suma deste xeito ás celebracións do Día de Rosalía, co que cada 24 de febreiro se conmemora o aniversario do nacemento da escritora.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, será o encargado de abrir mañá xoves os actos adicados á poeta, participando na inauguración das escaleiras rosalianas a partir das 12:25 horas. “Estas escadas van a estar grafadas permanentemente cos versos antes citados para homenaxear a presenza de Valga na obra dunha das máis importantes poetas da Europa romántica”, indica Eliseu Mera, vicedirector do IES.

Ademais, o instituto adhírese a outra das iniciativas da Fundación Rosalía e o venres ofrecerá na súa cafetería de xeito gratuíto un “Caldo de gloria” inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e relata a épica diaria da supervivencia.

rosalia2

Cartaz Rosalia 2019

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver