Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A medalla de prata clasifícaa para a fase estatal que se celebrará en Cáceres no mes de abril

- Na proba tamén participaron outros tres alumnos do centro: Adrián Abuín, Santiago Esperón e Brais Martínez

Olimpíada Xeoloxía 1

Valga, 14 de febreiro de 2019.

Silvia Pérez Vidal, alumna de 2º curso de Bacharelato do IES de Valga, obtivo o segundo premio na décima edición da Olimpíada de Xeoloxía, na que participaron ademais outros tres alumnos do centro: Adrián Abuín, Santiago Esperón e Brais Martínez.

Esta Olimpíada é unha actividade organizada pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (Aepect), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. A fase galega contou coa colaboración da Consellería de Educación, a Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, a Escola de Minas de Vigo, a Facultura de Ciencias de Ourense e do Concello de Viveiro. As probas foron realizadas simultáneamente en catro sedes, sendo a Facultade de Bioloxía a asignada para o IES de Valga.

A medalla de prata lograda por Silvia Pérez nesta fase autonómica clasifícaa directamente para a fase nacional, que se vai realizar en Cáceres o día 6 de abril. En caso de repetir este éxito, a estudante do instituto valgués podería participar na fase mundial a celebrar en Daegu (Corea do Sur) entre o 26 de agosto e o 6 de setembro.

Olimpíada Xeoloxía 2

 Olimpíada Xeoloxía 1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver