- O colectivo e o Concello piden desculpas aos expositores e participantes na mostra polos trastornos que esta decisión poida causarlles

- O evento tiña previsto celebrarse a vindeira fin de semana

 

Valga, 14 de febreiro de 2019.

A XIII edición da Exposición da Camelia Bella Otero, que tiña previsto celebrarse a vindeira fin de semana, queda suspendida debido a motivos persoais das responsables da asociación de Mulleres Rurais Albor.

Imprevistos xurdidos nas últimas xornadas impídenlles continuar cos preparativos da mostra, motivo polo que piden desculpas a todas aquelas persoas que poidan verse afectadas por esta decisión, especialmente aos expositores que tiñan previsto participar na actividade e aos colectivos e veciños de Valga que estaban a preparar os seus traballos para a exposición. “Esperamos non causar ningún trastorno e pedimos desculpas aos expositores, visitantes e amigos da camelia que ano tras ano nos apoian e colaboran nesta iniciativa. Agradecemos enormemente a súa comprensión”, indica a directiva de Albor.

O Concello lamenta a suspensión da Exposición da Camelia e traslada todo o seu apoio ás directivas e socias de Albor.

alborcamelia

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver