Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Lucía Fariña, Pedro Ramos e Ana Isabel Villamarín obtiveron a quinta mellor puntuación na primeira fase do certame

- Mañá competirán con outros trece equipos por un posto na final de ámbito estatal

ODISEA

Valga, 12 de febreiro de 2019.

Tres alumnos de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES de Valga clasificáronse para a final galega do concurso “Odisea”, sobre coñecementos de cultura clásica.

Lucía Fariña Potel, Pedro Ramos Pereira e Ana Isabel Villamarín Otero, os tres estudantes de Latín, forman o equipo “Τό μηχανόεν”, que representa ao instituto valgués. Na primeira fase do certame, na que participaron douscentos cincuenta e dous grupos de centros de ensinanza de toda Galicia, obtiveron a quinta mellor puntuación. Esta circunstancia sitúaos en boas condicións para optar a un dos tres primeiros postos na final galega, o que lles permitiría, ademais, participar na fase de ámbito estatal do concurso. En busca deste obxectivo competirán mañá mércores con outros trece equipos no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.

“Odisea” é organizado dende o ano 2006 pola Sociedade Española de Estudos Clásicos. Nesta décimo cuarta edición a temática elixida para o concurso  foi “A ciencia e a tecnoloxía en Grecia e en Roma”. Ademais de Lucía Fariña, Pedro Ramos e Ana Isabel Villamarín, participaron outros tres equipos do IES de Valga que na primeira fase se clasificaron nas posicións 27, 41 e 42.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver