- Alumnado de ESO, Bacharelato, FP Básica e ciclos asistiron a unha conferencia sobre o autoemprego

- Plantexar as distintas alternativas formativas e laborais é o obxectivo destas xornadas

orientaciónIES1

Valga, 11 de febreiro de 2019.

O IES de Valga deu comezo hoxe á Semana de Orientación e Emprego, unha iniciativa que organiza por segundo ano e que ten como obxectivos divulgar a oferta educativa do centro e e orientar, dende os puntos de vista académico e profesional, aos estudantes de 4º da ESO, 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de FP, ao estaren en cursos finais de etapa.

“Tratamos de plantexar ao alumnado as diversas alternativas coas que contan, tanto se queren continuar cos seus estudos como se prefiren incorporarse ao mercado laboral”, explica a orientadora do instituto, Pilar Lestido, que acompañou á directora, Dolores Rego, no acto inaugural ao que asistiron alumnos de varios centros educativos da contorna: o CPI Progreso de Catoira, do CPI Pontecesures e o IES Macías O Namorado de Padrón. Foron recibidos na biblioteca, onde se lles presentou a oferta educativa do IES de Valga, prestando especial atención aos ciclos formativos de Construcións Metálicas e de Soldadura e Caldeiraría, e a continuación fixeron un percorrido polas instalacións do centro.

Durante esta Semana de Orientación e Emprego sucederanse os relatorios nos que “se falará de distintas maneiras de emprender, do autoemprego ou de fórmulas empresariais como a cooperativa. Tamén se tocarán asuntos vencellados aos sindicatos e ás súas funcións e ás formas de comunicación coa administración”, avanza Pilar Lestido. A primeira destas conferencias tivo lugar este mediodía e correu a cargo de Santiago Resua Nine, da empresa IRONOR Metalurgia S.L., que relatou a súa experiencia como emprendedor ante estudantes de 4º da ESO, 2º de Bacharelato, 2º de FP Básica e ciclos.

Mañá será o turno dos sindicalistas Carmiña Naveira e Eduardo Sebio, que participarán nun coloquio sobre condicións laborais e, a continuación, terá lugar un obradoiro sobre ferramentas de comunicación coa administración guiado polos técnicos da Universidade de Santiago Ana Domínguez e Delfín Pérez.

O mércores persoal técnico da rede Eusumo impartirá a conferencia “As cooperativas, fórmula de economía social” e pechará os relatorios o deportista, actor e humorista David Amor, que contará a súa propia experiencia na charla “Namórate do que fas”.

A Semana da Orientación e do Emprego rematará o xoves 14 con visitas á Universidade de Santiago, ao CIFP Politécnico e á Escola de Arte Mestre Mateo.

orientaciónIES1 orientaciónIES2

orientaciónIES3 orientaciónIES4

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver