Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As actividades tratan de instruír ao alumnado que finaliza algún ciclo educativo sobre o seu futuro máis inmediato

- Entre os conferenciantes estará o actor e humorista David Amor

iesporfora

Valga, 9 de febreiro de 2019.

Por segundo ano consecutivo, o IES de Valga organiza a Semana da Orientación e do Emprego.

Desenvolverase entre os días 11 e 14 de febreiro co obxectivo de orientar ao alumnado que finaliza algún ciclo educativo cara ao seu futuro máis inmediato, ben para continuar estudando ou ben para incorporarse ao mundo laboral. Por iso as actividades diríxense, fundamentalmente, a estudantes de 4º de ESO, de 2º de Bacharelato e dos ciclos formativos de FP, ao estaren en cursos finais de etapa. Recibirán información de especialistas na materia e visitarán varias facultades da Universidade de Santiago e centros que ofertan ciclos formativos.

A semana comeza cunha visita de alumnado do CPI de Catoira, do CPI de Pontecesures e do IES Macías o Namorado de Padrón, que van prestar especial atención aos ciclos formativos de Construcións Metálicas e de Soldadura e Caldeiraría.

A primeira persoa convidada será Santiago Resua, da empresa IRONOR, quen vai contar a súa experiencia de emprendedor para ilustrar a modalidade laboral do autoemprego. Os sindicalistas Carmiña Naveira e Eduardo Sebio participarán nun coloquio sobre condicións laborais e dous técnicos administrativos da Universidade de Santiago, Ana Domínguez e Delfín Pérez, informarán sobre ferramentas de comunicación coa administración. Outra das charlas correrá a cargo de representantes da Rede Eusumo, que tratarán distintas fórmulas de economía social como as cooperativas.

O rostro máis popular entre osconferenciantes será o do polifacético David Amor. O deportista, actor e humorista pechará o 13 de febreiro as participacións externas cunha ponencia titulada “Namórate do que fas”.

A Semana da Orientación e do Emprego rematará o xoves 14 con visitas á Universidade de Santiago dentro do programa “A Ponte” e a outros centros educativos como o CIFP Politécnico e a Escola de Arte Mestre Mateo, ambos tamén en Compostela.

IESorientación1

IESorientación2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver